O mundo cara onde camiñamos non é para todo o mundo

Que Amancio Ortega doe 20 millóns de euros non é un problema en si. O verdadeiro problema é que detrás da crecente demanda de Caritas se agocha o modelo de sociedade ao que nos están levando as políticas neoliberais. A maior porcentaxe de poboación por baixo do umbral de pobreza ten como contrapunto unha maior porcentaxe de persoas con ingresos moi altos. Estes últimos, iso si, coa posibilidade de lavar as súas conciencias (ademais de desgravar e facer publicidade indirecta) E é precisamente con este tipo de artimañas como a dereita adoita transxiversar a realidade. Ás veces ata conseguen que os propios usuarios dos servizos de beneficencia lles voten. É como a pescadilla que se morde a cola. Esquécense algúns que cando hai equidade (véxase Estado de Benestar), non fai falla a caridade.Am
Advertisements