Alejando Pérez-Sindín Fraga.

Aínda que non mo dicía, el tería preferido que estudase dereito. Posiblemente por unha especie de tradición familiar. Pero iso non foi suficiente para que, ao final, as miñas decisións, sobre todo as máis importantes, non estivesen inspiradas polos seus actos máis cotiás. Sentado no salón, lendo baixo unha tenue luz antes de ir para cama. Imaxe que se repetiu día tras día durante tantos anos e que acabou por encher de libros todos os recunchos da casa. Escribindo o seu diario desde facía 40 anos ao máis puro estilo mass observation project. E tamén o seu papel como dinamizador das redes de sociabilidade (léase bares). Unha especie de public sociology en versión pontesa-vivariense. Con ese percal eu nunca podería ter sido un avogado. Abofé que non

Advertisement