O Ave a Madrid tamén perxudica a Madrid

Alén de empobrecer e despoboar a periferia, o modelo radial tende a crear un centro (véxase Madrid, París ou Londres) densamente poboado, suburbanizado e pouco integrador (o que podería derivar en falta de integración de colectivos en risco de exclusión social, véxase revoltas en París e Londres). É dicir, en realidade tampouco beneficia ao centro, só as grandes construtoras e determinadas élites, favorecendo así unha cada vez maior desiguadade social de base espacial. O problema é máis complexo e ten a ver co actual modelo de desenvolvemento capitalista.

Advertisements