Crítica ao pensamento positivo

Vivimos en sociedade. É posible que o o comportamento individual fose o factor máis determinante do destino das persoas en sociedades primitivas. Pero vivir en sociedade implica está sometidos a unha serie de forzas externas ao individuo e que teñen que ver coas estruturas sociais, políticas e económicas que compoñen dita sociedade. Normas, ao cabo, que rixen as nosas vidas. Non obstante, a preponderancia do paradigma neo-liberal renega completamente da existencia dos factores externos e sitúa sobre o propio individuo a responsabilidade do seu propio destino. Esa ideoloxía vaise manifestar hoxe de forma sibilina en comentarios como “es que no puedes esperar a que te lo den todo hecho”, “la gente está muy mal acostumbra”, “el que o sigue lo consigue”. Esta ideoloxía encontra un gran soporte, primeiro, nos partidos políticos sistémicos. Segundo, en filosofías e terapias como o positivismo e algúns tipos de coach.

Advertisements