Galicia non é de dereitas. Existe unha maior porcentaxe de potenciais votantes de partidos de esquerda ou centro esquerda, arredor do 40%, fronte a un 37% que suman PP e Ciudadanos, a xulgar pola última enquisa CIS. Como moito habería que falar dunha clara fragmentación esquerda-dereita. Outra cousa é que iso se vexa reflexado nos resultados electorais, e non o fai por varios motivos, como a lei electoral ou a incapacidade de mobilizar ao electorado de esquerdas. Noutras palabras, Galicia inclínase cara esquerda en termos sociolóxicos e cara a dereita en termos electorais.

Fonte: CIS