O ministerio ven de publicar a evolución do número de parados rexistrados (non é o mesmo que taxa de paro) no mes de agosto, indicando entre outras cousas que Galicia á a CCAA na que máis se reduce (-2.932). Feito do que se fai eco La Voz de Galicia con un gran titular “Baja el paro en Galicia”. Sin entrar a valorar a consistencia de tal afirmación (teño as miñas dúbidas), baste dicir que se tomamos como referencia o mes de agosto do ano 2011, dedúcese que as cifras de parados aumentan preto do 15%, ou 30% se tomamos como referencia agosto de 2009. Isto si da para un titular.
Evolución do paro rexistrado en Galicia |
2009/Agosto |
195.241 |
2010/Agosto |
211.532 |
2011/Agosto |
224.582 |
2012/Agosto |
257.267 |
Variación con relación Agosto 2011 |
14,55% |
Variación con relación a Agosto 2009 |
31,8% |
Unha vez que se publiquen os datos definitivos por CCAA será interesante facer unha comparativa da evolución interanual. Será en próximas entradas.
Like this:
Like Loading...